13 Maio
Hoxe imos todos ao Galiñeiro!
Cando o estrés nos invade, cando non atopamos a porta de
saída aos problemas que nos afectan ou simplemente cando necesitamos levantar
un pouco o ánimo nun día un pouco gris, nada mellor que un paseo. Un paseo, como a auga, ten poderes
terapéuticos. E se ese paseo inclúe a espectacular gama de cores e formacións
da natureza que nos rodea ... O efecto é imbatible!
Serra do Galiñeiro. 700m. Desde ela se pode divisar a Ría e o Baixo Miño |
Pouco a pouco gozamos un pouco máis de
"liberdade", pero os amantes do aire libre aínda non ven o final do
seu castigo. Aínda non podemos gozar das alegres sesións en familia ou co grupo
de amigos afeccionados ao monte con sendeirismo, comidas, nin paseos.
Conscientes disto, os organizadores do programa Geolodía
puxéronse nos nosos zapatos e trouxéronnos o monte a casa.
Aquí tedes un vídeo feito especialmente para gozar dunha
visita virtual pola serra do Galiñeiro. Nela, ademais das vistas excepcionais desde
os seus 700m de altura, ofrécennos algunhas pinceladas dos diferentes puntos
visitables e minerais e feitos curiosos que podemos descubrir ao longo do
camiño, como os feldespatos que abastecían ás antigas empresas de loza da vila ou
o gran tamaño dos cristais de berilo ...
Para observalo en persoa, invítanos a participar nos Geolodía
do próximo 2021 nos que se retomarán os
aprazados debido a esta pandemia.
O enlace do vídeo é: https://youtu.be/jQytr0jS-IM
Disfrutade coas imaxes !!
Bo día e a seguir facéndoo todo moi ben como ata agora!!
Sodes uns campeóns e campeonas!
Vémonos pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario