10 Maio
Moitas Gracias Familias propulsoras da Lectura!
Dende
o Equipo de Biblioteca queremos agradecer, unha vez máis, a todas as
familias que fixeron posible o nacemento da nova campaña lectora "Le
cos teus".
Fostes moitos os que vos animastes dende o principio a inscribirvos nela, outros fostes facéndoo máis tarde e estamos seguros de que habería máis anotados se non fose polas circunstancias.
Fostes moitos os que vos animastes dende o principio a inscribirvos nela, outros fostes facéndoo máis tarde e estamos seguros de que habería máis anotados se non fose polas circunstancias.
É
por iso que non queremos que pensedes que nos esquecemos deste
proxecto. Como prometemos, teredes o voso Diploma de familia lectora
ao final de curso.
Soamente
esperamos que o próximo curso vos animades a seguir participando e
sexan máis as familias ás que lles interese este proxecto. Xa que se
non fora por vós, as familias, os proxectos que se poñen en marcha
non chegarían a ningures.
Polo que, GRAZAS POR TODO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario