12 Maio
"Todo vai a saír ben" na TVG!
Hai uns días a vosa canción era noticia na prensa escrita. O periódico decano de Galicia e máis antigo de España, o noso Faro de Vigo, facíase eco da vosa canción e do voso arte.
Este Domingo, a canción coa vosa mensaxe de esperanza, foi máis alá e cobrou son: os espectadores do programa "A Revista Fin de Semana" da TVG, presentado por Almudena R. de Urzáiz, poideron deleitarse por uns intres coa vosa melodía.
O vídeo xa é coñecido, agora, en todas as súas dimensións: mensaxe e ritmo.
Non deixedes de cantalo. Falta pouco. Falta menos. E a espera con música e esperanza é moito mellor, así que facedeo sonar ben alto: "Todo vai a saír ben!"
Aquí vos deixamos os vosos minutos de gloria para que os vexades de novo e podades mostralo aos familiares e amigos que non o puideran ver:
Noraboa!
A seguir traballando e facendo todo igual de ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario