8 de Abril
Vigo na memoria
Faro de Vigo, La Voz de Galicia e o Arquivo Pacheco, son tres das fontes imprescindibles de consulta para coñecer a historia e a evolución da cidade.
Lembrámosvos que no expositor atópanse, para a súa consulta, tres das súas obras:
"200 Memorias de Vigo" (Faro de Vigo) , "Mulleres", (pequena mostra do Arquivo Pacheco) e o libro "50 años de La Voz de Galicia en Vigo".
"200 Memorias de Vigo" (Faro de Vigo) , "Mulleres", (pequena mostra do Arquivo Pacheco) e o libro "50 años de La Voz de Galicia en Vigo".
- "200 Memorias de Vigo" (Faro de Vigo) introdúcenos na vida e obra dos personaxes que contribuíron ao desenvolvemento social, cultural, económico, político e industrial da gran cidade
- "Mulleres", do Arquivo Pacheco, (no que atoparedes un pequeno índice das imaxes máis representativas) proporciónanos unha pequena mostra da evolución (oficios, vestimenta...) dos propios cidadáns. O Arquivo Pacheco, representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo. Adquirida no ano 1991, está composta por un total de 140.000 imaxes feitas por varias xeracións de fotógrafos da mesma familia e abarcan o período que vai desde finais do século XIX até a década dos anos 70. E a súa variedade temática permite considerala como unha completa crónica da cidade.
- "50 años de La Voz de Galicia en Vigo", nos proporciona unha recompilación de reportaxes, acontecementos e fotos da historia da cidade. A Voz seleccionou un dos principais feitos de cada ano do último medio século, buscou ao seu protagonista e contou a historia a través dos seus ollos. Hai noticias de todos os ámbitos: políticas, económicas, de sociedade, de sucesos, deportivas... dende 1967 até 2017. O libro reflicte a transformación ao longo dos últimos 52 anos, dende que os tranvías aínda circulaban polo centro conformando a banda sonora da cidade co chirrido dos seus frenos, ata o presente, no que a cidade apenas garda un afastado parecido ao que era entón.
| Vecinas de Beade camino de la feria del Campo de Granada (hoy Pza. del Rey) en 1950 "Mulleres" do Arquivo Pacheco |

No hay comentarios:
Publicar un comentario