sábado, 27 de abril de 2019

25 de Abril

"Un libro, unha flor"

Todos sabemos que "o mellor agasallo é un libro". E o mellor modo de celebrar o "Día Internacional do Libro" é lendo... E por tanto, mellor lendo e agasallando un libro.
Por este motivo, tras o éxito do "Apadriñamento Lector", 
e seguindo coas actividades propostas para celebrar o Día Internacional do Libro, cada alumno seleccionou de entre as súas lecturas preferidas unha coa que lle gustaría agasallar a un compañeiro de nivel. 
E sendo Vigo a capital da Camelia e habendo incluso unha variedade co nome da cidadeeste intercambio de agasallos, tal como indicaba a lema, ía aderezado cunha fermosa flor, personalizada, e  en forma de marcapáxinas, para non perder de vista a preciada lectura. 
Así, aos poucos, ao longo desta semana, todo o alumnado foise indo a casa, cunha nova lectura coa que amenizar este fin de semana
Feliz lectura rapaces!

E moitas gracias á profesora Luz pola súa gran colaboración para que este intercambio floral lucira así de fermoso. 

Se alguén sente curiosidade e desexa saber por que ou desde cando a camelia é símbolo de Vigo, aquí deixámosvos algunhas ligazóns con máis información: 
https://www.acemelia.com/vigo-capital-de-las-camelias/
https://www.flickr.com/photos/teresalaloba/5411271091

No hay comentarios: