sábado, 27 de abril de 2019

24 de Abril

Unha mirada ao pasado

As máquinas, o cambio de hábitos, o progreso... fixeron que as nosas necesidades cambiasen ou desaparecesen facendo xurdir outras novas, e con iso, cambiasen tamén ou desaparecesen os "encargados" de satisfacernos esas necesidades. 
Así, entre outros moitos, o sereno, as lavandeiras, o pregoeiro... ou o muiñeiro, deixaron de existir no século pasado.
Samuel, de 2º A, achegounos o oficio de "Muiñeiro" cunha fermosa presentación documentada persoalmente nos muiños da Barosa.  
Bravo Samuel! Un fermoso traballo!
Moitas grazas por compartir connosco os teus descubrimentos!
Powered by Issuu
Publish for Free


Desde hai algúns anos está a realizarse un gran labor de recuperación de moitos  destes muíños abandonados, situados xeralmente en sendas de auténtica beleza natural.

Para aqueles a quen Samuel deixou coa súa fermosa presentación unha sensación de "envidilla sa", deixámosvos aquí unha ligazón onde poderedes obter información sobre a ruta do Rio Eifonso en Vigo. Poderedes achegarvos en Vitrasa ou coche particular, até o punto de comezo en Bembrive. Entre unha frondosa vexetación, atravesando pontes de madeira ou sorteando fervenzas, poderedes observar algúns destes enxeños humanos que usando a forza da auga, "procesaban" o alimento básico para os seus animais ("pensos") e as súas familias (pan).
Para coñecer máis sobre esta ruta aquí vos deixamos unha ligazón:
Outras sendas en Vigo:
Fraga del río Rodas (Matamá)
Non hai excusa para nos disfrutar dun fermoso día de sol en familia aliados ca máis fermosa natureza que enmarca a nosa área.


No hay comentarios: