domingo, 21 de abril de 2019

21 de Abril

Cervantes e o Día Internacional do Libro

O vindeiro martes, día 23 de Abril, celebraremos o Día Internacional do Libro.
Pero toda celebración ten unha causa e unha orixe. Por que o día 23? Que se pretende?
Todos sabemos que o Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
Tamén é de todos sabido que a elección do 23 débese a ser a data na que se considera morreu Cervantes (e Shakespeare, para os británicos). 
Pero para saber máis datos curiosos relacionados con esta celebración, podedes acceder a este vídeo de tv.unam que aquí vos deixamos: 



No hay comentarios: