lunes, 11 de febrero de 2019

Venres, 8 de Febreiro

E por fin, chegou o día do Taller de Escritura Creativa!

Tras varios incovenientes por eventos imprevistos, que levaron a pospolo en sucesivas ocasións, finalmente , hoxe tivo lugar o Taller de Escritura Creativa!
Tratábase de construír un relato  a partir dunha serie de palabras que se anunciaban na xanela do taller...
Insatifación - colegio - conflicto- armonía - paz - reflexión- casa - amistad- rencor - perdón... 
unha pequena mostra dos sentimentos que nos ambientes máis próximos (: a casa e o colexio), poden xurdir no día a día e que, con maestría, sabiamente,  todos debemos saber xestionar para transformar todo o negativo en positivo,  permitindo así que reine a paz e a harmonía. 

Sofía, Aitana e Xiana, deron conta de casi todas esas palabras para construir esta orixinal e didáctica historia sobre a amistade. Y é que, como moi ben se ve no seu relato, moitas veces a xente faise dano, solo por descoñecer como é verdadeiramente a outra persoa. Si nos molestáramos máis en coñecernos mellor, habería menos problemas entre nos.

Bravo rapazas pola vosa historia!

No hay comentarios: