Descubrindo o río Lagares
Maruxa e Martina (6º B), viñeron descubrir os segredos do río Lagares aos nenos de 2º.
E é que, son moitas as familias que aproveitan algún tramo do seu paseo para contactar coa natureza, facer un pouco de sendeirismo, usar a bicicleta sen preocuparse polos coches, observar os inesperados desfiles de patitos que acompañan á súa mamá ou relaxarse véndolles compartir unhas migas.



Forma parte da chamada Senda Azul que abarca as praias adxacentes de Vigo con bandeira azul, polo que se os ánimos acompañan e o tempo o permite, pódese finalizar o paseo cun bo baño na praia para rematar a xornada.
Pode haber mellor oferta?
Mozos, xa sabedes onde ir os fins de semana!
Instructivo, divertido, saudable e Gratis.
Non hai programa que lle faga competencia!
Moitas grazas, Mariña e Maruxa por compartir o voso esforzo e por darnos a coñecer un pouco máis nosa Cidade e os tesouros que esconde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario