Venres, 25 de Xaneiro
O "Pirulí" en 2º A
Os alumnos de 2º A seguen imparables!
Bravo rapaces! |
Continuando co Proxecto "Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio", esta vez prepararon unha exposición sobre a historia do que foi o hospital principal de Vigo, chamado "Hospital Xeral", outrora coñecido como "Hospital Almirante Vierna" pero ao que todos coñecían como "O Pirulí", e que pronto (ano 2.020) pasará a ser chamado "Cidade da Xustiza".
Grazas mozos por recuperar para todos un dos edificios emblemáticos da cidade.
Desde a súa inauguración en 1955, a súa torre de 75 m. converteuno no 2º edificio máis alto de España, visible a gran distancia, sobre a liña de edificios, para todo o que chegaba a Vigo desde terra ou desde o mar. Nel naceron varias xeracións de familias viguesas ao longo das súas 6 longas décadas de existencia.

Desde 2017 está a sufrir os cambios necesarios para reaparecer como "Cidade da Xustiza", que albergará as dependencias xudiciais, unha vez que as depencias xudiciais de hoxe, pasen a formar parte do que será un campus educativo constituido por unha residencia e un colexio, a agora dá cultura, ademáis da tan esperada Biblioteca do Estado.
E é que Vigo é unha cidade en continuo cambio e desenvolvemento!
E é que Vigo é unha cidade en continuo cambio e desenvolvemento!
Parabéns rapaces polo voso fermoso traballo!
Seguide así!
No hay comentarios:
Publicar un comentario