Mércores, 13 de Febreiro
Seguindo con Rosalía: un "caldo de gloria"
Anecdotario: O 24 de febreiro de 1837, naceu en Santiago Rosalía de Castro.
Todos coñecemos os títulos dos seus principais libros e mesmo sabemos recitar de memoria algúns versos das súas poesías máis coñecidas.En moitos países onde emigrase un bo número de galegos, existe un "Centro Gallego" ou "Casa de Galicia" onde estes encárganse de que a súa obra permaneza viva. E sen ir tan lonxe, sen cruzar fronteiras, tamén nalgunha comunidade española, por exemplo na comunidade de Valencia, el "Centro Gallego de Valencia" prepara unha boa programación de actos para lembrar o "Día de Rosalía".
Pero... a pesar de tan profundo coñecemento, saberías dicir que é un 'caldo de gloria'?

Animádesvos a buscar a receita e degustalo en casa cal restaurante de estrela Michelín?
Mesmo nesta páxina:
http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/
podes apuntarte á proposta da Fundación Rosalía de Castro para degustalo este ano 2019. Na páxina encontrarás o modo de facelo ou o modo de
degustalo na mesma casa de Rosalía o 24 de Febreiro.
E mesmo se buscas "Caldo de Gloria. Rosalía de Castro" atoparás vídeos ca explicación paso a paso do devandito caldo.
Se vos animades, bo proveito a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario