Luns, 11 de Febreiro
De visita aos recunchos da miña cidade
Na segunda parte do noso proxecto " Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio", pedíamos que as familias descubriran e disfrutaran co alumnado os recunchos máis notables da cidade, os máis descoñecidos, ou os seus preferidos, para que os nenos e nenas foran sendo conscientes da riqueza de patrimonio, artística e natural do seu entorno.
Como testemuña desa gran riqueza debían compartir cos seus compañeiros imaxes das súas andainas.
Así o fixeron os nenos de 5 anos que xa comparten unha boa mostra no seu panel.
Noraboa aos familiares destes nenos e nenas que puideron disfrutar duns fermosos momentos xuntos
A eles os animamos a seguir así, e a todos os seus compañeiros de 3 a 13 anos animámolos a tomar exemplo deles.
Hai mellor modo de divertirse que gozar ao aire libre á vez que enriquecemos os nosos coñecementos?
Mamás, papás, avós, avoas, tíos, tias, padriños, madriñas... esta é unha invitación para todos vos!
Ánimádevos e acompañar aos vosos nenos a descubrir a cidade donde viven. E compartide as vosas andainas, os vosos paseos e os vosos achados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario