Luns. 11 de Febreiro
Vigo, a través dos ollos dos nenos
Como no seu día fixese Pacheco coa súa cámara, os alumnos do colexio, están dispostos a inmortalizar os monumentos e plazas de Vigo, pero iso sí, eles coas súas pinturas, rotuladores, ceras e pinceis.
Cos seus cinco aniños, Miguel (6º B de E. Infantil), deixa para a posteridade, un "retrato" moi logrado de como era até hai unhas semanas a Praza de América antes de ser destruída para dar paso á que será unha gran rotonda transitable.
O seu debuxo é fiel reflexo de como era até "onte", coa súa enorme fonte circular, (piscina eventual de pombas e gaivotas, e seguidores do Celta en épocas de efusiva conmemoración), rodeando á Porta do Atlántico baixo a atenta mirada do reloxo da torre do Instituto Santa Irene.
Parabéns Miguel, e gracias por salvar este recordo para a memoria!
Noa (2º A E. Primaria) comparte connosco a súa visión do Museo do Mar de Galicia, coas súas cinco naves orixinais, cheminea incluída, que delatan a súa función no pasado como antiga fábrica de conservas de Alcabre. E acompañado, por suposto, do seu faro metálico.
Moitas gracias Noa !
Esperamos ver toda a cidade a través dos vosos ollos retratada cos vosos pinceis!
Ánimo! Miguel e Noa comezárono, nas vosas mans está seguilo e terminalo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario