sábado, 25 de enero de 2025

 24 Xaneiro

"La nariz de oro", en "Cóntoche un conto"

Lola de 5ºA, lembrounos a importancia de ser diferente, de non sentirse mal por iso e non xulgar ou cualificar aos que nos rodean polas súas características, xa que, o importante nas nosas relacións cos demais, é: valorar as calidades que cada un ten, potencialas e sumalas par lograr un grupo, un equipo máis forte, unha personalidade máis definida.

Fíxoo contándonos o conto "Una nariz de Oro" de Raquel Saiz. Unha divertida historia que se queredes ler ou reler atoparédela na vosa Biblioteca. Moitas grazas Lola por lembrarnos esta tenra historia. Esperamos volver escoitarche moi pronto.


No hay comentarios: