viernes, 24 de enero de 2025

 23 Xaneiro

Ángela e Sela cóntaronnos: "Achís!"

Unha divertida historia de José Carlos Andrés, na que a feliz familia de 3 membros: papá, mamá e o gato, ve incrementada a súa felicidade coa chegada dun novo membro (un bebé!). Pero... Sorpresa! Esa felicidade vese embazada cando descobren que gato e bebé son mutuamente alérxicos!

Se non puideches asistir ao relato desta divertida historia, e queres saber como llas enxeñaron para resolver o problema, non dubides en tomalo prestado na Biblioteca! Divertiraste! Moitas grazas, Ángela e Sela, por este divertido relato que nos lembra que, con ilusión e reflexión todos os problemas e obstáculos poden ser superados, poñendo cada un o seu granito de area. Esperamos vervos de novo con outro divertido relato!



No hay comentarios: