24 Xaneiro
A PAZ na LECTURA
Desde que no 539 a.C., o rei Ciro o Grande de Persia deixase por escrito no cilindro que leva o seu nome, a primeira alusión aos dereitos das persoas, moitos foron os reis e gobernos que sentiron a necesidade, ou se viron obrigados, a escribir outros tantos documentos reflectindo os dereitos e en consecuencia , obrigacións, que todos deberiamos ter. E, con todo, aínda hoxe non foron suficientes para evitar a necesidade de clamar pola paz en todo o planeta. Moitos seguimos alzando a voz en todos os recunchos, pero non é ferramenta efectiva porque outros tantos seguen desatendéndoa polo seu interese. Iso non debe desesperanzarnos. Educar na non violencia, o entendemento, o diálogo e a tolerancia, é a mellor "arma" para "loitar" por transformar o mundo nun lugar mellor, un mundo de Paz! Por iso, en 1964, a paz lévase á escola na forma do "Día Escolar da Non Violencia e a Paz", conmemorando a morte de Mahatma Gandhi, (30 de xaneiro de 1948).A literatura, axúdanos a abrir ese camiño de paz no corazón dos máis pequenos.
Faio, a través de historias que nos levan a reflexionar (como o "Diario de un campo de barro", de Ricardo Gómez Gil; "A bibliotecaria de Basora", historia real de Iraq de Jeanette Winter...), ou ben achegándonos á vida de persoas que viviron e superaron situacións de desigualdade, prohibicións ou conflitos bélicos (Malala, MadreTeresa de Calcuta...).
No expositor da Biblioteca atoparedes múltiples títulos de ambos os tipos de lecturas. Tamén atoparedes obras para lembrar que a Paz está nas nosas mans no noso día a día, pois a Paz non é ausencia de guerra ou de violencia senón un estado de convivencia en harmonía que se logra facendo que coas nosas palabras, xestos e obras se sentan a gusto as persoas que nos rodean.Feliz xornada da Paz, e non esquezades transmitila alá onde vaiades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario