jueves, 23 de enero de 2025

 20 Xaneiro

 "Bonitas" na sesión de "Cóntoche un conto"

Martina e Alma de 4ºA, lembráronnos o que é ser bonita e onde reside a auténtica beleza

Fixéronno co álbum de Stacy McAnulty cuxas ilustracións nos van mostrando como cada moza é fermosa, non por un aspecto exterior determinado, senón pola súa capacidade para identificar o seu talento, potencialo e utilizalo como aceno de identidade.

Moitas grazas Martina e Alma por proporcionarnos esta interesante reflexión.

Esperámosvos pronto!


No hay comentarios: