10 Xaneiro
"O oso e o piano" hoxe, na sesión de "Cóntoche un conto".
Mariña, Adriana e Aixa, contáronnos hoxe a historia deDavid Litchfield: "O oso e o piano".
Unha marabillosa obra que nos lembra que, non importa a distancia nin o tempo que nos separe, se é verdadeira, a amizade perdurará sempre. E, ao mesmo tempo, lémbranos que, o esforzo e o tesón, pode levarnos a lograr os nosos soños por moi afastados e inalcanzables que estes semellen. Moitas grazas Mariña, Adriana e Aixa por estes didáticos e dirvertidos momentos! Parabéns polo voso éxito!
Esperamos contar convosco moi pronto con outra gran historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario