Venres 10 Xaneiro
Club de Lectura de Adultos!
"El misterioso caso del impostor del Titanic", de Carmen Posadas, reuniu este venres aos membros do Club de Lectura de Adultos.
Unha nova sesión moi divertida para analizar a intriga xerada por uns protagonistas, e un feito, históricos: a nosa querida Emilia Pardo Bazán e o desafortunado Titanic. Naturalmente, ao finalizar a sesión, xa deixaron establecida a a data e a obra que volverá a unilos na seguinte cita !
Trátase de: "Últimas noticias de Sara Silva". Unha obra de Francisco Castro na que: cobiza, engano, fama... fraguan un mundo imperfecto no que Sara só podía "desaparecer". Pero, non hai crime perfecto. A súa última obra, desaparecida, axudará a desvelar a verdade...
Animamos a todos a seguir os pasos do inspector Carlos de la Iglesia tentando de desentramar os rizos da historia e a compartir todos xuntos a experiencia na próxima sesión na que, ademais... Haberá unha sorpresa!
 |
Francisco Castro. Escritor e Editor de Galaxia |
O seu autor: Francisco Castro en persoa, asistirá á sesión para compatir as opinións da súa obra con todos os membros do Club!
Lembrade:
Obra: "Últimas noticias de Sara Silva"
Data: 11 de Abril
hora: 17:00 h
Lugar: Biblioteca
Evento: Club de Lectura de Adultos coa visita do seu autor Francisco Castro!!!!
Ánimo! Unirvos!
Esperámosvos a todos!!!