26 maio
Comezou a conta atrás para o fin de curso, pero a Biblioteca segue co seu frenético ritmo de actividades: Concursos, torneos...
 |
Nuestro equipo de artistas prepara el panel de nuestro peculiar "Pasapalabra Amar o Mar" |
Imos a toda máquina neste último tramo do curso cheo de sentimentos atopados. Parte do noso alumnado, só ve aproximarse, ao fin, o
momento de gozar do descanso necesario e merecido que lles achegarán as vacacións.
Mentras, para outra parte do alumnado, á nostalxia prematura de deixar atrás aos compañeiros e profesores que percorreron ao seu lado unha longa etapa, súmase a ilusión de comezar outra nova etapa chea de esperanza... e das inevitables incógnitas que chegan sempre da man daquilo que nos é descoñecido.
Pronto a alegría e o bulicio tornaranse silencio e paz.
Pero, mentres ese momento non chega, o ritmo frenético da Biblioteca convida a todos a seguir gozando das súas propostas!
O III torneo de xadrez está a piques de finalizar e
desvelarnos quen será o vencedor desta III edición. Unhas partidas moi rifadas impídennos falar dun só favorito. Haberá que seguir de preto o desenvolvemento dos últimos enfrontamentos. |
Los equipos de 4º B en un reñido Pasapalabra |
Nas sesións do noso peculiar "Pasapalabra Amar o Mar", os
equipos mostran con moito humor os coñecementos adquiridos ao longo do curso co noso  |
Los equipos de 3º demuestran su gran dominio |
proxecto sobre a Ría de Vigo. As súas participacións pasan xerándonos tensión, pero unha tensión vivida nun ambiente de gran diversión e alegría.  |
Los equipos de 2º B muy igualados |
O noso concurso de ilustración, no que buscabamos o mellor anuncio para publicitar a nosa Ría, xa comezou a dar os seus froitos!
E, naturalmente, o concurso de cómic xa recibiu as obras dos seus primeiros aspirantes.
Os amantes de ambas acitividades xa teñen exposto o resultado da súa gran creatividade. Podedes gozalo e valoralo nos
taboleiros do rellano da Biblioteca.
Seguide de cerca o desarrollo de todas estas actividades, pois queda moito que decir antes de que esta carreira remate!