lunes, 1 de diciembre de 2025

 28 Novembro


Volveu o Contacontos de Familias á biblioteca Este venres, Daniel e Nora colaboraron coa súa nai, Beatriz, devolvendo a alegría á biblioteca ao retomar a actividade de Contacontos de Familias! Tras a divertida historia elixida: "Chibos Chibóns" de Olalla González, coa que nos quedou claro que máis vale forza que maña, os asistentes gozaron dunha amena e divertida manualidade.

Lembramos a toda a comunidade educativa que están invitados a participar nesta divertida e didáctica actividade. Para facelo, só hay que apuntarse en: biblioteca. ceip.emilia.pardo@edu.xunta.gal

Lembramos asimesmo que, as datas dos próximos contacontos de Familias, son:
30 Xameiro, 27 Febreiro, 27 Marzo, 24 Abril e 29 de Maio.




No hay comentarios: