20 Xuño
O Club de Lectura de Adultos xa ten nova Obra e nova data!
Aproveitando o descanso estival, darán conta da obra de Jöel Dicker: "La muy catastrófica visita al zoo".Unha obra ideal para os amantes das intrigas que se complican coa aparición de elementos que non son o que parecen, logrando manter ao lector en suspense ata a última liña. Tras as exitosas edicións do Club de Lectura de Adultos, a profesora María, convida a toda a comunidade educativa a sumarse, participar e compartir esta experiencia con este novo relato cheo de misterio. A primeira sesión do seu, moi acertadamente alcumado, "Club de Dozura", terá lugar o Venres 3 de Outubro á 17:00 h na Biblioteca de Leolo.
Non volo perdades!!
Lembrade!
Tedes unha cita:
Obra: "La catastrófica visita al zoo"
Autor Jöel Dicker
Hora: 17:00h
Lugar: Biblioteca Leolo
O Equipo de Biblioteca aproveita a ocasión para agradecer a
colaboración de todas as Familias no apoio e soporte de todas as activvidades e o bo funcionamento da Biblioteca.
Moitísimas grazas a todos e moi feliz e tranquilo verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario