12 Novembro
Unha viaxe no tempo!
Hoxe, na Biblioteca, mergullámonos no pasado para descubrir a orixe dosXogos Olímpicos da Antiga Grecia.
A través dun documental, o alumnado puido coñecer mellor esa importante celebración que, cada 4 anos, permitía que os gregos deixasen de lado as súas diferenzas e declarasen unha tregua nos seus conflitos bélicos, co fin de permitir que os seus home libres centrasen toda a súa atención en adorar a Zeus, competindo coas súas destrezas físicas.
Carreiras de velocidade, loita, carreiras de cabalos... unha pródiga lista de habilidades ás que os gregos vían un dobre beneficio: alcanzar a harmonía de corpo e alma e o seu aproveitamento como inspiración e ensino dos mozos gregos. Un interesante documental cuxo contido sorprendeu e agradou ao alumnado !

No hay comentarios:
Publicar un comentario