viernes, 3 de octubre de 2025

 3 Octubre

O Club de Lectura de Adultos retoma a súa actividade! Tras o descanso estival,

Pilar Rajoy, Guía do Club de Lectura de Adultos,
nesta nova etapa, con algúns dos seus fieis membros

o Club de Lectura de Adultos, gozou dunha alegre e emotiva primeira sesión na que celebraron tanto o seu reencontro como o ter elixido unha obra cuxa lectura lles proporcionou unha dose de intriga, reflexión e diversión perfecta e inesperada!! Tratábase da obra de Jöel Dicker: "La muy catastrófica visita al zoo" .

Tal foi a magnitude da súa satisfacción coa obra, que consideraron necesario suxerir a súa lectura a todas as familias, docentes, coidadores... e, en xeral, a todo o persoal que teña relación cos nenos e a educación.

E aínda máis! Consideran a lectura da obra, aconsellable tamén para @s nen@s, pola súa gran dose de intriga e diversión!

Non se equivocaba o crítico que a definiu como unha obra apta para lectores desde 7 ata 103 anos!!!

Finalizaron a exitosa sesión elixindo xa a data e a obra que os

ocupará nas seguintes semanas. Trátase da obra de Arantza Portabales: "O asasinato na casa rosa".

Un título moi suxestivo cuxo guión convidamos a desenmarañar a toda a comunidade educativa que queira unirse o vindeiro 7 de Novembro, a este maravilloso Club de Lectura de Adultos.

Ata o próximo 7 de Novembro!!

Vos esperamos!



No hay comentarios: