27 Outubro
A nosa Biblioteca abriu as súas portas!!
Fai xa máis dun mes que a profesora Chelo comezou un traxín sen fin apoiada polo seu equipo de Biblioteca. Había moito que preparar! E telo todo lo listo para o novo comezo: organización interior, mochilas viaxeiras, pasaportes, obsequios...E, por fin, con todo a punto... Chegou o día tan esperado! Os amantes da lectura atopáronse hoxe cunha Biblioteca totalmente renovada: paredes recentemente pintadas, unha nova distribución que a fai moito máis eficiente, novas normas... e unha mascota con novo look! E para celebrar este gran reencontro, esta visita tan especial, Leolo quixo obsequiar a todos os asistentes cun dos seus agasallos preferidos: un libro, conto ou revista a elixir entre un notable número de exemplares!
Qué ledicia!!
Leolo agradeceu a todos a súa visita, e tamén lembrou a todo o alumnado asistente que non olvide anotarse nas actividades da Biblioteca expostas no taboleiro!
 




 
No hay comentarios:
Publicar un comentario