lunes, 10 de junio de 2019

7 de Xuño

Ponte a punto para o Pasapalabra de Vigo

Si che gustan os concursos e as probas contra reloxo, estás de sorte! Aquí tes a túa oportunidade de pasalo ben!
Busca un compañeiro ou un grupo que queira competir contigo, apuntade o voso nome e curso na folla que tedes na porta da Biblioteca e... A xogar! 
É moi doado. As palabra coñecédelas todas porque sabemos que traballastes moito este ano e coñecedes Vigo mellor que un guía turístico. Sabédelo todo sobre o seu río, a súa Ría, as súas rúas, os seus monumentos, a súa historia... Vamos, que entre o que investigastes e o que vos dixeron, xa non queda ningún secreto por coñecer.  
Poñamos un exemplo
Comeza pola V:  din que é a cidade máis fermosa do mundo e que nas Navidades pasadas sentiron envexa das súas luces os cidadáns de Nova York.  
Sabedes a resposta?   
Entón, non hai dúbida, estades máis que preparados!  
Ánimo e apuntarvos Xa!

No hay comentarios: