viernes, 7 de junio de 2019

6 de Xuño

Despedida do Club de Lectura

Tras un curso compartindo o gusto pola lectura,  intercambiando opinións sobre os personaxes,   sobre as súas actitudes e comportamento, poñéndose na súa pel,  algunhas veces divertíndose con eles  e sempre aprendendo deles, ... Hoxe tivo lugar a despedida do Club de Lectura! 
A profesora Rocío, convocou hoxe aos ávidos lectores  para disfrutar  dunha última sesión moi especial na que lles agardaban algunhas sorpresas
Os membros que puideron asistir (os compromisos destes últimos días dificultaron a presencia a algúns), despedíronse cunha entrañable festa na que a profesora Rocío lles fixo entrega, ademáis, dun  "Diploma ao bo Lector/a" pola súa valiosa participación.
A pena por chegar ó final era evidente. 

Só nos queda desexarlles un bo verán cheo de  lecturas interesantes e divertidas. 


 
 E aos que xa no volverán ao colexio porque unha nova etapa da súa vida comenza, lles desexamos o mellor!  E esperamos que sigan levando e transmitindo o seu amor pola lectura alá onde vaian (Instituto, Politécnico...)

Moita sorte rapaces!

Foi un enorme placer contar con todos vos!

No hay comentarios: