18 de Xuño
Nova sección no Museo de Vigo
A profesora Luz inaugurou unha espectacular exposición de monumentos e plazas vigueses que como ben rezaba na pancarta tedes que ir a vela!
É unha de esas cousas que calquera que sexa a expectativa con que se visite, non só non defrauda senon que sae un verdadeiramente satisfeito e sorprendido!
A profesora Luz dalles as últimas instruccións sobre a orientación dos emplazamentos |
O Faro de Bouzas serviravos de guía para atopala, o propio Porto co seu taller de embarcacións e a súa grúa, o poblado celta do Castro, o Estadio de Balaídos, a ponte de Rande, un modelo de interiorismo típico dunha vivenda viguesa, a plaza da Industria á que non lle falta nin a pronunciada pendiente da rúa Coruña co seu tráfico!, as illas Cíes, o cemiterio de Pereiró (que, na realidade, alberga unha verdadeira mostra de arte nos templetes e mausoleos dos cidadáns ilustres da cidade), coas lápidas que informan sobre os personaxes máis emblemáticos de Vigo que alí se atopan en perpetuo descanso .... e ata a reproducción da Cafeteria - Xeladería DiSanRemo de Samil na que a terraza acristalada deixa ver o ambiente do interior perfectamente reproducido ao igual que a ambientación exterior, cobrando o máximo realismo... Estes son algúns dos novos lugares polos que pasear na exposición.
Os nenos de 5 anos coa súa profesora Rosa, foron os máis madrugadores. Ainda a profesora Luz andaba rematando o emplazamento e xa os primeiros visitantes fixeron acto de presencia. Nadie quixo perderse o evento.
Noraboa á Profesora Luz e aos seus alumnos que tan arduamente traballaron na súa hora de sección bilingüe.
Moitas gracias por acercar un pouco máis a nosa cidade aos máis pequenos e deleitarnos a todos co voso espetacular traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario