miércoles, 5 de junio de 2019

5 de Xuño

A Debate os nosos hábitos no Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, a Biblioteca rendiu homenaxe ao noso maltrecho Medio Ambiente, co visionado do Documental: "Que podemos aprender de Suiza?e cun Debate posterior no que os alumnos asistentes podían facer, de acordo ó visto sobre os nosos veciños suizos, unha reflexión sobre os fallos do noso sistema de consumo, sobre  a nosa falta de concienciación sobre o dano irreversible que as nosas accións individuais provoca, e a necesidade dunha formación ecolóxica continua, constante, desde pequeniños,  para que sea efectiva chegado a adultos.  

 O documental foi seguido con gran  espectación por todos os asistentes, que non daban crédito a todo o que os suizos facían para lograr ser a cidade máis limpa e ecolóxica, exemplo para todos nos. 

Usar toda a basura para lograr calefacción par os cidadáns? Policías que averiguan de quen é a basura en caso de facer mal o reciclado, co obxecto de visitalo na súa casa e imporlle unha sanción? Separar a grapa, o fío e a bolsiña da infusión de te para reciclalos por separadoPara nos que que nin siquera sabemos onde tirar todo xunto, iso é ... como mínimo impensable!!!
Pero claro, todas esas pequenas cousas son as que ... fan a diferencia!

Non é de extranar que  o debate dirixido e moderado polas Auxiliares de Biblioteca Sofía e Alicia, nos levaran á mesma conclusión que, a poucos minutos de comenzar o visionado do vídeo, había chegado a nosa polifacética Sofía, quen polo baixiño, confesara  xa a súa impresión vistos só os primeiros minutos do documental: "'El Debate lo gana Suiza!"


Temos moito que aprender! Pero o máis importante é que, non é cuestión de ensinar teóricamente os efectos,  senon de axudar a asumir e practicar desde pequenos, desde o colexio e a familia, as accións necesarias para evitar eses efectos


Para lembrar a importancia do cuidado do noso Medio Ambiente, a profe Pilar repartiu a todos os asistentes uns chaveiros  que, con diversas inscripcións, nos levan á mesma reflexión:

A Terra é a nosa casa. 
A súa salud está en nosas mans. Coidémola!

No hay comentarios: