4 de Xuño
Chegou o ansiado Día da visita aos "nosos" avoíños
Os alumnos, acompañados pola profesora Pilar, disfrutaron dunha sesión moi amena e moi especial |
Como cada ano, os nenos e nenas do Club de Lectura e Auxiliares de Biblioteca, fixeron a súa visita aos que xa consideramos como "nosos avoiños" do Centro de Día.
Rematada a exposición, nos propuxeron un xogo moi divertido. Pasamos o examen! |
Os alumnos explicáronlles o aprendido nas aulas sobre lugares emblemáticos da cidade, (gracias ao proxecto deste ano), e os avós aderezaron estes coñecementos teóricos, con lembranzas da súa infancia vivida en ditos lugares, o que os fai aínda más especiais.
Sofía, sorprendeu a todos cunha elaborada maqueta da Porta do Atláncio para ilustrar a súa exposición |
Con agarimo, os alumnos lles regalaron uns imáns de elaboración propia co escudo da cidade e a lectura: "I love Vigo" |
Moitas gracias Manuel, Marta e Mercedes do Centro de Día por facer posible a continuidade deste intercambio xeneracional tan enriquecedor para todos os protagonistas implicados.
Moitas gracias a vos, Sofía, Yeshihara, Zoé, Zoe, Alba e Mateo polo voso compromiso. Sodes uns rapaces maravillosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario