8 de Maio
Concurso "Cánto sabes de Literatura Clásica?"
Enmarcado na celebración do Día Internacional do Libro, pretende recordar que, fronte aos numerosos volumes que enchen as baldas cada día con novos títulos de novos creadores de fantasía en prosa e en verso, nas baldas das Bibliotecas, conviven tamén exemplares de Autores de sempre que coas súas paxinas e ilustracións moldearon as mentes de moitas xeracións e seguen a estar vixentes, porque son obras de toda a vida para toda a vida. Os nosos avós, os nosos pais, os nosos tataravós.. coñeceron e divertíronse con eses personaxes cheos de picardía, dulzura, moralexa, fantasía... agora facédelo vos... e o día de mañán faranno os vosos fillos porque, a literatura clásica é cultura ademáis de entretenimiento. E por iso compre coñecela.
Para os maiores, o concurso axudounos a lembrar títulos de literatura clásica, os seus autores, os seus protagonistas, e os lugares onde se desenvolve a acción...
Noraboa a todos os gañadores !!!
E seguide lendo, clásicos ou non, pero lede moito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario