jueves, 30 de mayo de 2019

27 de Maio

Literatura e novos amigos nun ambiente natural privilexiado: "VI Quedada Literaria" !

Os alumnos de 5º compartiron unha xuntanza de animación
á lectura con outros alumnos da comarca-











Este luns, celebrouse como ven sendo habitual, unha nova edición da Quedada Literaria (VI), ca que o Concello pretende buscar un intercambio de coñecementos literarios, animar aos máis xóvenes á lectura sobre todo en galego, facer da lectura un tema de conversación fora das aulas (entre uns xoves que, cada vez máis,  viven tan absorbidos polas tecnoloxías no seu tempo libre)...
Este ano, os alumnos de 5º de E. Primaria  foron os privilexiados en vivir esta experiencia de animación á lectura compartida cos alumnos doutros colexios da comarca, enchendo o parque Quiñones de León dun ambiente literario e alegre.

Noraboa lectores pola vosa boa disposición. 
E, gracias profes de 5º, pola vosa implicación!


No hay comentarios: