30 de Abril
Visítanos Xelís de Toro
Hoxe os alumnos de 3º, puideron ver e oír en persoa a trompeta coa que Xelís de
Toro desarrolla a súa obra: "O trompetista e a Lúa".
Unha aventura musical que nos lembra
que, para conseguir os nosos soños, o máis importante é a nosa capacidade
de traballo e o sacrificio que nos mesmos nos autoimpoñemos para poder alcanzar as nosas metas. Así mesmo, pon en valor a sensibilidade que cómpre para escoitar a música, amala, e reproducila. E lémbranos a importancia do silencio que cómpre para escoitar a propia música da Natureza.
Toda unha
experiencia vivida en primeira persoa coa trompeta do mesmo Xelís!! Fantástico!!!
Moitas gracias, Xelís!
No hay comentarios:
Publicar un comentario