jueves, 30 de mayo de 2019

22 de Maio

"Día Internacional de la Diversidad Biológica"

O 22 de Maio foi elixido polas Nacións Unidas como "Día Internacional da Diversidade Biolóxica".


Senda do río Lagares
É tráxico o deterioro ao que o ser humán somete ao seu entorno en nome do moitas veces mal chamado "progreso",  coa connivencia  das autoridades correspondentes e a despreocupación e a deixadez dos propios individuos en tanto que usuarios, ou mellor dito "usufructuarios" da propia natureza, e coidadores do seu entorno.
Un millón de especies animais e vexetais están en perigo de extinción nas próximas décadas según a UNESCO se non se acomete un cambio radical nos métodos de producción e de consumo 

Senda do río Eifonso
Vigo, con 1/4 da súa superficie cuberta por montes, disfruta dunha rica biodiversidade acollida nos seus parques forestais, humedales, dunas... 
No Pazo de Castrelos atópanse algunhas especies que xa forman parte do Catálogo de Especies Singulares elaborado pola Xunta, entre elas a camelia Matusalén (de máis de 150 anos!). 
No parque botánico "Arco da Vella", no cauce fluvial do río Eifonso, pode atoparse a planta mercurial, pouco frecuente na costa galega, e nel atopan refuxio especies animais e vexetais incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. 
Nenúfar gigante en la Fundación sales.
Imagen de "El Mundo"
No espacio dos "Piñeiros do Mundo"  no parque forestal de Saiáns, os peregrinos de Santiago que discurren polo camiño portugués da costa, poden recoñecer as especies do seu país ou continente, xa que nel se encontran 25 especies de piñeiros de diferentes puntos do planeta.  
As Nacións Unidas, recoñeceron a gran labor levada a cabo pola recuperación  do bosque atlántico e mediterráneo no parque forestal da Madroa
Planta mercurial
A riqueza medioambiental exténdese tamén aos humedales de "A Bouza" en Coia, os humedales de Goberna y Muiños  e á Marisma da Xunqueira no entorno do río Lagares, ás dunas do Bao, declaradas Espazo Natural de Interés Local e ó xardín botánico Fundación Sales, que acolle a planta máis grande do mundoúnico nenúfar xigante de España (Victoria Cruziana), unha árbore dinosaurio redescubierta en Australia en 1993,  e un exemplar da árbore da lonxevidad: un Ginkgo Biloba, única especie sobrevivinte á bomba atómica.
Unha considerable oferta para disfrutar ao aire libre en contato coa natureza!!!
Fervenza no río Eifonso
Pero sempre con coidado de non perxudicala!!!!
Senda río Lagares
Para máis información sobre estos espazos podedes acceder ao artículo do Faro de Vigo  "Los tesoros más verdes del Municipio", no enlace seguinte:



No hay comentarios: