30 de Maio
"35 kilos de esperanza" no Club de Lectura
Hoxe a profesora Rocío reuniuse cos membros do Club de Lectura para falar de como a motivación xoga un papel importante para lograr metas difíciles ou superar obstáculos que "a priori" parecen insalvables, ou de como non basta con ser bo en algo, senón que tamén aquilo que non nos gusta ou no que non destacamos énos necesario coñecelo, e de outros moitos temas ineresantes que a autora Anna Gavalda foi proxectando no seu libro por medio dos pensamentos do seu protagonista Gregorio.
Unha xornada amena e moi didáctica!
Moi ben rapaces!
E lembrade: se algo non vos apetece facelo ou credes que non seredes capaces de facelo, buscade sempre unha motivación, pois:
Con esforzo e ilusión todo se lógra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario