24 de Outubro
Ata que… chegou o día tan esperado! E chegou cunha misteriosa pregunta:
A resposta correcta era:
Elixiuse esta data en 1997, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Felicitacións ao gañador:
Esteban de 4º B,
quen recibiu a felicitación da nosa Xefa de Estudos, Mati, ademais do pertinente diploma e un pequeno premio que, estamos seguros, gustoulle moito.
.......................................
Presentamos a Biblioteca aos novos usuarios,
explicámoslles os distintos recunchos, as normas que todos debemos cumprir para que todos podamos gozar da visita, a lectura, os préstamos...Os alumnos de 1º, acompañados polas súas profesoras Cristina e María Rosa, realizan a súa primeira visita á Biblioteca como lectores.
.......................................
Foi un día moi especial para todos...
Todos os visitantes levaron un recordo deste gran día: a nosa mascota, "Leolo", materializouse en marcapáginas e en chaveiros co lema da lectura, que cada un puido tunear e colocar nas súas mochilas.
A jaima, ese recuncho tan acolledor creado pola profesora Ángeles Escribano para convidar á lectura máis relaxada, segue sendo o primeiro en recibir a visita dos ávidos lectores.
Gracias Ángeles por todo o esforzo invertido en crear para os nenos unha Biblioteca tan especial.
E por suposto,
No hay comentarios:
Publicar un comentario