domingo, 25 de noviembre de 2018


30 Outubro

MasterChef  terrorífico

A expectación daqueles que responderon á invitación culinaria, superou os límites imaxinables! 
Os convidados contaban na súa virtual despensa cun auténtico arsenal de ingredientes básicos como: patas de ciempiés, ollos de sapo, caramelo de lombriz, colmillo de lagarto, cola de rata, pelos de gato... entre outros moitos!
  Xa só tiñan que aderezalos coa pertinente dose  de creatividade para lograr de entre todas as pócimas posibles, a combinación exacta para obter a máis “espeluznantemente suculenta”... para ser inxerida polo ser elixido e co fin desexado!!!

...A xulgar pola expresión das súas caras, a pócima debeu resultar en grado sumo exquisita e efectiva!!!!


No hay comentarios: