martes, 27 de noviembre de 2018


5 de Novembro

Ampliación de horario

Para os que esquecen devolver ese libro que tanto lles gustou pero que hai días terminaron, para os indecisos que non souberon que libro elixir na hora do recreo, para os noctámbulos que devoran lecturas por non contar ovelliñas e necesitan un libro diario para conciliar o soño, para os nenos, para os papás, para os avoíños e os tíos, para aqueles que desexan saber máis, para os que desexan deixar voar a súa  imaxinación, para… Para todos!...a Biblioteca ampliará o seu horario de servizo. 

Podedes consultalo nos carteis informativos colocados en cada unha das portas exteriores de acceso ás aulas ou na entrada da mesma Biblioteca.


Para que os novos visitantes poidan coñecelas… e os visitantes veteranos poidan lembralas!, na porta da Biblioteca atoparedes as normas de uso da Biblioteca

Aconsellámosvos  que as leades antes de entrar. Sobre todo as referentes a silencio, orde e coidado do material, para lembrar poñelas en práctica cada día.  

Non esquezades que,  como nos lembra Leolo no panel: 

“A Biblioteca é de de todos.  
Coidémola para disfrutala”.
Contamos convosco!


No hay comentarios: