viernes, 18 de abril de 2025

 11 Abril

Francisco Castro, no Club de Lectura de Adultos da profesora María

Os membros do Club de Lectura de Adultos, gozaron o venres dunha sesión ideal!
Reuníronse como sempre co fin de poñer en común as opinións e os sentimentos suscitados no desenvolvemento da obra elixida pero, nesta ocasión, a obra era: "Últimas noticias de Sara Silva" e contaron coa presenza do seu autor: Francisco Castro! , especialista en xerar tramas fascinantes e cargadas de tensión.
O
escritor, (editor, analista político e músico), coa súa proximidade e o seu carácter encantador, converteuna nunha sesión moi interesante e enriquecedora! Da súa man, puideron ir debullando aos poucos a obra, facendo unha análise profundo e real da trama a nivel psicolóxico a través do estudo de cada un dos seus personaxes. E, tamén, puideron descubrir os aspectos e factores que guían a evolución da obra, o por que de cada situación, os escenarios de Vigo... Ademais, Francisco Castro, compartiu cos membros do Club, algúns aspectos persoais da súa vida como escritor: a súa rutina, a súa inspiración, a súa forma de escribir, a súa constancia.... Definiuse como unha persoa moi metódica que, cando escribe, finaliza os seus libros dunha maneira moi produtiva e cun alto nivel de concentración. Demóstrao a súa prolífica traxectoria, pródiga en premios e recoñecemento, que lle consolidou como unha figura crave da literatura galega. Ademais, sendo un mestre en crear historias envolventes que che atrapan na súa espiral ata o final, na súa axenda, deixa un oco para promover a escritura creativa, dando formación a profesores e nenos sobre o tema. Agradecemos infinitamente a Francisco Castro a súa presenza e a súa importante achega como escritor e como persoa no noso "Club de Dulzura"!, como el mesmo bautizou!:
Grazas por esta experiencia didáctica, enriquecedora e inesquecible!!!

E, O Club, xa ten nova obra para a súa próxima reunión.
Trátase da obra: "Por que Asunta", de Inma López Silva.
Quen, ademais, temos a fortuna de tela como membro do noso Club, polo que contaremos indubidablemente coa súa presenza! Non volo perdades! Convidámosvos a todos a unirvos a nosa nova aventura!

Lembrade:

Obra: Por qué Asunta
Autora: Inma López Silva
Data: Venres, 30 de Maio
Hora: 17:00h
Lugar: Bilioteca de Leolo

Esperámosvos a tod@s!


No hay comentarios: