10 Abril
Emma e Laura trouxéronnos "Bonitas" a "Cóntoche un conto?"
Coa obra de Stacy McAnulty, "Bonitas", Emma e Laura (3º), lembráronnos hoxe, que a nosa beleza non reside no noso exterior senón nos nosos actos e nas nosas palabras: na súa nobreza, a amabilidade con que son ditas, o loable obxectivo con que son realizados...Son eses aspectos os que nos fan únicos e diferentes aos demais. Non o noso estilismo ou a nosa maquillaxe. Moitas grazas, Emma e Laura por estes interesantes momentos. Esperamos volver tervos moi pronto contándonos novas historias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario