21 Marzo
O Día Mundial da Poesía e o Mar
O 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. É unha
data establecida pola UNESCO co fin de visibilizar a diversidade lingüística servíndose da expresión poética.No noso caso, na nosa celebración, a poesía tinguiuse dunha ampla paleta de azuis, desde esmeralda ata aguamarina, azul eléctrico, zafiro, exipcio... nunha chiscadela ao noso proxecto "Amar o Mar".
Deste xeito, sobre un gran fondo mariño que mostra a creatividade de todo o alumnado, comparten escenario todo tipo de especies mariñas da nosa ría de Vigo: medusas, sepias, estrelas de mar, polbos, cangrexos... portadores de fermosas poesías mariñas.
E é que, foron moitos os poetas románticos, nostálxicos, heroicos, realistas... os que tiveron como fonte de inspiración o mar, a súa inmensidade, a súa bravura, a súa calidade de unión ou a de afastamento dos seres queridos...
Aquí podedes ver o resultado:
Grazas a todos os artistas por compartir a vosa arte e colaborar xuntos logrando un auténtico mar poético!
No hay comentarios:
Publicar un comentario