22 Abril
Ángeles Escribano co noso equipo de radio "Leolo Comunica"
Que mellor modo de celebrar o Día do Libro que lendo.Pero, o mundo da literatura é moi amplo e denso, e non sempre nos é fácil elixir ese libro que nos enganchará.
É un paso difícil pois, ás veces un título suxestivo acaba levándonos a un interior non tan interesante, e noutras ocasións ocorre todo o contrario: un título pouco revelador esconde unha aventura verdadeiramente apaixonante. Por outra banda, hai tantos libros como gustos, polo que, o que a uns engancha a outros non.
Por iso, é ideal contar con alguén que nos "guíe", que nos deixe ver que atoparemos no seu interior, aínda que sen desvelarnos a historia. Dese modo, non haberá confusión, pois elixiremos aquilo que verdadeiramente nos gusta.
Esa "guía" ofrecéunola Ángeles Escribano, quen estivo estes días connosco para facernos suxestións interesantes para todas as idades e gustos.
O equipo de radio "Leolo Comunica", aproveitou a ocasión
https://go.ivoox.com/sq/2599612
Moitísimas grazas Ángeles por facer máis doada a selección de nosas lecturas e por descubrirnos como se xestou o nacemento da nosa querida mascota Leolo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario