10 Abril
Contacontos e recomendacións lectoras de Ángeles Escribano para o "Día do Libro"
Estas semanas, a nosa compañeira Ángeles Escribano fixo un oco na súa
axenda para realizarnos unha visita e traernos novas e interesantes suxestións de lectura e novas sesións de contacontos, apoiada polos seus inseparables axudantes "Igor" e "Albert", amantes ambos da lectura e especialmente dos contos.Multitude de obras foron saíndo da súa maleta impregnando o ambiente de enigmas, diversidade cultural, misterio, amor pola natureza, poesía... Un complexo mundo no que cada asistente puido atopar un novo título co que alimentar a súa paixón.
De modo interactivo e cos seus complementos especiais fixo un percorrido polas lecturas máis chamativas para os distintos ciclos.
Comezou cun Kamishibai moi especial, para lembrarnos os pasos previos imprescindibles a seguir para poder gozar dunha boa lectura. Seguiu cunha choiva de ideas sobre as razóns importantes para ler que tiñan os asistentes. E finalizou cunhas propostas literarias que engancharon a maiores e pequenos.
Puxo a proba a imaxinación dos maiores e captou a súa atención:
- plantexándolles algunhas das propostas da colección Enigmas: "Desafía tu mente con 25 historias de misterio", "Enigmas del mundo", "Enigmas del cuerpo humano", "Enigmas de Ciencia", "Enigmas de Arte", "Enigmas de miedo", "Enigmas de historia", de Víctor Escandell,
-con travesías inesquecibles desde a Antigüedad ata os nosos días e viaxes por algúns dos pobos máis asombrosos da terra, contemplados nas obras: "Rutas" e "Tribus" de Sam G.C. y Raquel Martín,
- e con literatura para coidar o planeta: "Música en las ramas" (Premio Ala Delta 2021) , "Los mapas del Agua" (Premio Anaya 2024), ambos de Ricardo Gómez, o "La calle de las doce lunas" del creador de "Los futbolísimos ", Roberto Santiago y escrito por VV.AA.
-lecturas animadas, como "37 tortugas" , de Pedro Albo
-e, naturalmente, con poesía de Juan Carlos Martín Ramos: "Versos para contar estrellas" o "Las palabras que se lleva el viento".
Aos lectores de segundo ciclo, entusiasmoulles coa colección ilustrada dos mitos clásicos grecorromanos máis coñecidos: "Los enigmas de la esfinge", "La terrorífica medusa", "El minotauro y el laberinto"..., de Ricardo Gómez
Aos lectores de primeiro ciclo, introduciunos no mundo da beleza depositada en cada recuncho do mundo coa obra "Maikai", de Cristina Expósito Escalona.
Aos máis pequeniños, animounos a ler, solicitando o seu apoio e facéndolles protagonistas coas marionetas da historia "¡Yo no he sido!", de Christian Voltz, "¿Ahora qué va a pasar?", de Nuria Díaz Reguera e "71 ovejas", de Pablo Albo.
Aquí podedes ver algúns momentos da súa visita:
Moitas grazas, Ángeles, por seguir animándonos a viaxar, aprender e emprender coa lectura!