jueves, 19 de diciembre de 2024

 17  Decembro

Chegou o Nadal á Biblioteca!


Xa se respira a maxia e o encanto do Nadal no recuncho preferido dos alumnos de todas as idades:

Un expositor convidounos estes días a descubrir e reler lecturas propias destas entrañables datas.
Títulos como: La niña de los fósforos, Canción de Navidad, Una carta para Papá Noel, el árbol de Navidad del señor Viladomat, As manoplas de Carapuchiña, Andrea y el cuarto Rey Mago, Luces de Navidad, La calle Navidad, Cuenta atrás para Navidad, Cuentos de Navidad: cuentos, leyendas y tradiciones para disfrutar unas felices fiestas, O Nadal, Feliz Navidad Elmer, Bajo un tejado nevado en Navidad...estiveron rotando nos andeis do expositor nun continuo traxín, empapando a mirada e os corazóns dos nenos dos valores do Nadal: xenerosidade, tenrura, agarimo, solidariedade...

E a árbore coas súas luces titilantes, fixo acto de presenza para transmitirnos a proximidade do Nadal, e facendo unha chiscadela ao noso gran proxecto: "Amar o Mar", coas súas grandes bólas decoradas con especies mariñas.

Así é! As imaxes de especies marítimas da ría de Vigo, como o golfiño común, o martín pescador, os hippocampus, o lagarto arnal, a raia e outras moitas, sumáronse ás brillantes luces para conformar unha árbore de Nadal moi marítima, moi nosa.  

Coa alegría destas datas, só podemos 
dicir: gozade das lecturas que vos suxerimos e animarvos a seguir participando e colaborando connosco.

No hay comentarios: