9 Decembro
"Un pez muy divertido" no contacontos
Mariña, Elena e Martina fixéronnos pasar hoxe unha divertida sesión de contacontos coa obra de Carmen Gil: "Un pez muy divertido". Un libro, modelo "Pop-up", cuxas lengüetas permítennos achegarnos ao mundo mariño e ás súas simpáticas criaturas.Helena, Mariña e Martina, parabéns polo voso éxito, moitísimas grazas pola vosa colaboración e esperamos escoitarvos de novo con outra divertida historia.
Se, ademais, queredes cantar e bailar co cachalote, a lagosta, as ostras e todos os animais do conto, podedes lelo mentras o escoitades con "Todos os animais ao caixón"! O 2º proxecto infantil de Mamá Cabra, con Susa Herrera, que pon música marchosa e divertida a esta historia e a outras da mesma serie con animaliños como protagonistas ("La gallina feliz", "El león remolón"...)
Deixámosvos aquí unha ligazón á versión do conto cantado polo CEIP Les Terretes, para animarvos a ler e gozar "Un pez muy divertido", vós mesmos outra vez!
Recordade que: Ler é cultura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario