sábado, 21 de diciembre de 2024

 20 Decembro

Contacontos de Familias para celebrar o Nadal!

Tras o colorido e alegre festival onde, cada grupo, deu o mellor de si para mostrar a súa alegría pola chegada dunhas datas tan especiais e transmitila aos demais, pola tarde, puxo o broche de ouro a esta xornada tan festiva:

Unha sesión de Contacontos de Familias moi especial! Celia, Manu e Mateo coa súa mamá, Patricia, ofrecéronnos unha tenra historia do Nadal: "Una carta para Papá Noel", de Emma Yarlett. Unha enxeñosa e divertida historia que nos traslada á maxia do Nadal. Vera, a protagonista, some a Papá Noel nunha auténtica zozobra no seu fervente desexo de facer realidade o seu soño. E, ao final, conségueo! E é que, "Papá Noel", pon sempre todo o seu esforzo e todo o seu amor para lograr levar a cada neno o que máis desexa no mundo!

E ao finalizar esta tenra historia, os asistentes mostraron a súa creatividade realizando unha fermosa e divertida manualidade: Unha orixinal árbore de Nadal!
Aquí quédavos un breve resumo, en imaxes, da entrañable sesión do Nadal.

Patricia, Celia, Manuel e Mateo, moitísimas grazas por poñer este tenro toque do Nadal a esta xornada tan especial. Desexámosvos, a toda a vosa familia e a todas as familias da comunidade educativa, unhas felices festas do Nadal. Vémonos de novo no 2025!




No hay comentarios: