martes, 31 de diciembre de 2024

 30 Decembro

Xa coñecemos mellor a Ría de Vigo!

 O proxecto "Amar o Mar" culmina a súa primeira etapa
deixándonos un maior coñecemento da nosa Ría: A súa localización, o seu litoral, a inmensa vida mariña que albergan as súas augas e que a fan tan especial...

Desde o primeiro momento, o proxecto imprimiu a cada recuncho do colexio o ambiente mariñeiro que por séculos dominou a cidade. E contaxiounos o desexo aventureiro e explorador característico dos seus primeiros habitantes. No noso caso, a aventura en si, foi converternos en investigadores e mergullarnos na riqueza da súa biodiversidade.
Nun primeiro momento, rodeámonos de mapas, redes, artes de pesca... símbolos todos eles alusivos ao sector que creou e fixo crecer a vila mariñeira de Vigo ata ser a gran cidade que é hoxe.
Posteriormente, as investigacións deron o seu froito e os seus descubrimentos foron compartidos con todos pasando a converter os rellanos nun auténtico museo informativo.
(Vídeos realizados por Ainhoa, 6º C) Relanzo de 1º:

Relanzo de 2º:


Aquí podedes ver un breve resumo dalgúns dos excelentes traballos, produto da investigación. Para disfrutar de todos e enriquecervos coa súa información, só tedes que facer unha xira pro todos os relanzos! Animádevos!

No hay comentarios: