31 Decembro
martes, 31 de diciembre de 2024
30 Decembro
Xa coñecemos mellor a Ría de Vigo!
O proxecto "Amar o Mar" culmina a súa primeira etapadeixándonos un maior coñecemento da nosa Ría: A súa localización, o seu litoral, a inmensa vida mariña que albergan as súas augas e que a fan tan especial...Desde o primeiro momento, o proxecto imprimiu a cada recuncho do colexio o ambiente mariñeiro que por séculos dominou a cidade. E contaxiounos o desexo aventureiro e explorador característico dos seus primeiros habitantes. No noso caso, a aventura en si, foi converternos en investigadores e mergullarnos na riqueza da súa biodiversidade.
Aquí podedes ver un breve resumo dalgúns dos excelentes traballos, produto da investigación. Para disfrutar de todos e enriquecervos coa súa información, só tedes que facer unha xira por todos os relanzos! Animádevos!
martes, 24 de diciembre de 2024
21 Decembro
Lecturas para Nadal!
Chega o Nadal! Uns días de alegría e de descanso!E, naturalmente, que mellor modo de aproveitar o tempo de descanso que mergullarnos na lectura dun bo libro para crecer lendo!
Leolo preparouvos unha breve lista de suxestións por se non tedes claro que pedirlle a Papá Noel, aos Reis Magos, ou pedir prestado na Biblioteca máis próxima! Son só unhas suxestións, pero a lista de publicacións é enorme polo que podedes estar seguros de que sexa cal for o voso gusto ou interese neste momento, acharedes o libro adecuado.
Só tedes que pedilo! Se visitades unha librería, poderanvos aconsellar os títulos que máis se adecúen ao voso desexo!
Leolo deséxavos unhas moi felices vacacións e unhas moi instructivas e divertidas lecturas!!!
Vémonos en 2025!!
sábado, 21 de diciembre de 2024
20 Decembro
Contacontos de Familias para celebrar o Nadal!
Tras o colorido e alegre festival onde, cada grupo, deu o mellor de si para mostrar a súa alegría pola chegada dunhas datas tan especiais e transmitila aos demais, pola tarde, puxo o broche de ouro a esta xornada tan festiva:jueves, 19 de diciembre de 2024
17 Decembro
Chegou o Nadal á Biblioteca!

Un expositor convidounos estes días a descubrir e reler lecturas propias destas entrañables datas.
E a árbore coas súas luces titilantes, fixo acto de presenza para transmitirnos a proximidade do Nadal, e facendo unha chiscadela ao noso gran proxecto: "Amar o Mar", coas súas grandes bólas decoradas con especies mariñas.
Así é! As imaxes de especies marítimas da ría de Vigo, como o golfiño común, o martín pescador, os hippocampus, o lagarto arnal, a raia e outras moitas, sumáronse ás brillantes luces para conformar unha árbore de Nadal moi marítima, moi nosa.Coa alegría destas datas, só podemos dicir: gozade das lecturas que vos suxerimos e animarvos a seguir participando e colaborando connosco.
miércoles, 11 de diciembre de 2024
11 Decembro
"A ratiña fachendosa" no Contacontos
Antía, Aixa, Celia e Xoel, deleitáronnos hoxe co conto clásico"A ratita fachendosa". A historia de triste final coa que o magnífico Perrault ensinábanos a importancia de pensar ben sempre, antes de tomar unha decisión, para minimizar erros. E, tamén, a non deixarnos levar polas enganosas aparencias externas!! Hoxe, elixiron a versión en galego, ilustrada por Fino Lorenzo. Se queredes relela e gozar coas súas ilustracións, non esquezades que a tedes dispoñible nos andeis da vosa Biblioteca!!! Moitísimas grazas Antía, Aixa, Celia e Xoel por esta fermosa historia.
Parabéns pola vosa exitosa lectura.
Volvede pronto cunha nova historia !
martes, 10 de diciembre de 2024
9 Decembro
"Un pez muy divertido" no contacontos
Mariña, Elena e Martina fixéronnos pasar hoxe unha divertida sesión de contacontos coa obra de Carmen Gil: "Un pez muy divertido". Un libro, modelo "Pop-up", cuxas lengüetas permítennos achegarnos ao mundo mariño e ás súas simpáticas criaturas.Deixámosvos aquí unha ligazón á versión do conto cantado polo CEIP Les Terretes, para animarvos a ler e gozar "Un pez muy divertido", vós mesmos outra vez!
Recordade que: Ler é cultura!
viernes, 6 de diciembre de 2024
6 Decembro
Atentos ás Novidades!
Chegaron os reis por adiantado!Para ampliar as lecturas dispoñibles, a profesora María elixiunos un nutrido número de exemplares, cuxo título e deseño xa nos delata os divertidos momentos que nos proporcionará a súa lectura mentres nos instrúen e informan!
Gústache facer experimentos? Poden ser as matemáticas apaixonantes? É verdade que estamos cheos de microbios?, De onde veñen os pensamentos? É o noso cerebro máis pequeno que o dos nosos antepasados?... Descúbreo con: "Ciencia asombrosa", "O corpo humano", "Os microbios e ti", "O teu marabilloso cerebro", "Molly e o misterio matemático" e moitos máis...
Búscaos no expositor e goza lendo e aprendendo!
4 Decembro
"Una carta para Papá Noel", con Mariña, Ariadana e Aixa
O Nadal introduciuse xa na Biblioteca!Ánimo e a ler moito! Parabéns polo voso gran éxito!
Esperamos volver escoitarvos pronto cunha nova historia!
2 Decembro
Laura, Aroa e Mariña contáronnos "Hansel e Gretel"
domingo, 1 de diciembre de 2024
29 Novembro
O Club de Lectura de Adultos e "La mala costumbre" de
Alana S. Porteiro
Este venres, os membros do Club de Lectura de Adultos da profesora María, celebrou a posta en común do mar de ideas, opinións, reflexións e sentimentos aos que lles levou a lectura desta dura e conmovedora historia de AlanaUnha emocionante, divertida e frutífera sesión máis do Club, que xa ten data e obra para a súa próxima sesión!
A obra elexida: "El misterioso caso del impostor del Titanic", de Carmen Posadas.
Unha apaixonante obra de intriga que enlaza feitos, lugares e personaxes reais moi notorios para envolvernos na súa trama e non soltarnos ata a última liña: o desafortunado cruceiro Titanic, a escritora Dna. Emilia Pardo Bazán e o Madrid de principios de Século! Toda unha aventura que non nos podemos perder! Animamos a toda a nosa comunidade educativa a unirse ao Club para gozar desta suxestiva aventura! Non volo perdades:
Esperámosvos a tod@s!!
29 Novembro
Regresou o "Conta Contos de Familias", con "Cocorico"
Este venres, Beatriz, mamá de Nora (2ºA) e Dani (5ºA), regalounos a primeira sesión
de Conta Contos de Familia.
Para estrear esta nova etapa, elixiu a obra de María Luísa Núñez Álvarez: "Cocorico".Unha divertida historia na que o seu pequeno protagonista fainos recordar o importante que é a obediencia, o saber compartir e recordar cumplir sempre as promesas feitas.
Ao finalizar o relato, os asistentes puideron
divertirse e dar ás á súa imaxinación cunha creativa actividade. Parabéns polo éxito desta nova estrea e moitísimas grazas pola vosa colaboración! Moitas grazas tamén a todos os asistentes! Vémonos todos na próxima!