31 Decembro
martes, 31 de diciembre de 2024
30 Decembro
Xa coñecemos mellor a Ría de Vigo!
O proxecto "Amar o Mar" culmina a súa primeira etapadeixándonos un maior coñecemento da nosa Ría: A súa localización, o seu litoral, a inmensa vida mariña que albergan as súas augas e que a fan tan especial...Desde o primeiro momento, o proxecto imprimiu a cada recuncho do colexio o ambiente mariñeiro que por séculos dominou a cidade. E contaxiounos o desexo aventureiro e explorador característico dos seus primeiros habitantes. No noso caso, a aventura en si, foi converternos en investigadores e mergullarnos na riqueza da súa biodiversidade.
Aquí podedes ver un breve resumo dalgúns dos excelentes traballos, produto da investigación. Para disfrutar de todos e enriquecervos coa súa información, só tedes que facer unha xira por todos os relanzos! Animádevos!
martes, 24 de diciembre de 2024
21 Decembro
Lecturas para Nadal!
Chega o Nadal! Uns días de alegría e de descanso!E, naturalmente, que mellor modo de aproveitar o tempo de descanso que mergullarnos na lectura dun bo libro para crecer lendo!
Leolo preparouvos unha breve lista de suxestións por se non tedes claro que pedirlle a Papá Noel, aos Reis Magos, ou pedir prestado na Biblioteca máis próxima! Son só unhas suxestións, pero a lista de publicacións é enorme polo que podedes estar seguros de que sexa cal for o voso gusto ou interese neste momento, acharedes o libro adecuado.
Só tedes que pedilo! Se visitades unha librería, poderanvos aconsellar os títulos que máis se adecúen ao voso desexo!
Leolo deséxavos unhas moi felices vacacións e unhas moi instructivas e divertidas lecturas!!!
Vémonos en 2025!!
sábado, 21 de diciembre de 2024
20 Decembro
Contacontos de Familias para celebrar o Nadal!
Tras o colorido e alegre festival onde, cada grupo, deu o mellor de si para mostrar a súa alegría pola chegada dunhas datas tan especiais e transmitila aos demais, pola tarde, puxo o broche de ouro a esta xornada tan festiva:jueves, 19 de diciembre de 2024
17 Decembro
Chegou o Nadal á Biblioteca!

Un expositor convidounos estes días a descubrir e reler lecturas propias destas entrañables datas.
E a árbore coas súas luces titilantes, fixo acto de presenza para transmitirnos a proximidade do Nadal, e facendo unha chiscadela ao noso gran proxecto: "Amar o Mar", coas súas grandes bólas decoradas con especies mariñas.
Así é! As imaxes de especies marítimas da ría de Vigo, como o golfiño común, o martín pescador, os hippocampus, o lagarto arnal, a raia e outras moitas, sumáronse ás brillantes luces para conformar unha árbore de Nadal moi marítima, moi nosa.Coa alegría destas datas, só podemos dicir: gozade das lecturas que vos suxerimos e animarvos a seguir participando e colaborando connosco.
miércoles, 11 de diciembre de 2024
11 Decembro
"A ratiña fachendosa" no Contacontos
Antía, Aixa, Celia e Xoel, deleitáronnos hoxe co conto clásico"A ratita fachendosa". A historia de triste final coa que o magnífico Perrault ensinábanos a importancia de pensar ben sempre, antes de tomar unha decisión, para minimizar erros. E, tamén, a non deixarnos levar polas enganosas aparencias externas!! Hoxe, elixiron a versión en galego, ilustrada por Fino Lorenzo. Se queredes relela e gozar coas súas ilustracións, non esquezades que a tedes dispoñible nos andeis da vosa Biblioteca!!! Moitísimas grazas Antía, Aixa, Celia e Xoel por esta fermosa historia.
Parabéns pola vosa exitosa lectura.
Volvede pronto cunha nova historia !
martes, 10 de diciembre de 2024
9 Decembro
"Un pez muy divertido" no contacontos
Mariña, Elena e Martina fixéronnos pasar hoxe unha divertida sesión de contacontos coa obra de Carmen Gil: "Un pez muy divertido". Un libro, modelo "Pop-up", cuxas lengüetas permítennos achegarnos ao mundo mariño e ás súas simpáticas criaturas.Deixámosvos aquí unha ligazón á versión do conto cantado polo CEIP Les Terretes, para animarvos a ler e gozar "Un pez muy divertido", vós mesmos outra vez!
Recordade que: Ler é cultura!
viernes, 6 de diciembre de 2024
6 Decembro
Atentos ás Novidades!
Chegaron os reis por adiantado!Para ampliar as lecturas dispoñibles, a profesora María elixiunos un nutrido número de exemplares, cuxo título e deseño xa nos delata os divertidos momentos que nos proporcionará a súa lectura mentres nos instrúen e informan!
Gústache facer experimentos? Poden ser as matemáticas apaixonantes? É verdade que estamos cheos de microbios?, De onde veñen os pensamentos? É o noso cerebro máis pequeno que o dos nosos antepasados?... Descúbreo con: "Ciencia asombrosa", "O corpo humano", "Os microbios e ti", "O teu marabilloso cerebro", "Molly e o misterio matemático" e moitos máis...
Búscaos no expositor e goza lendo e aprendendo!
4 Decembro
"Una carta para Papá Noel", con Mariña, Ariadana e Aixa
O Nadal introduciuse xa na Biblioteca!Ánimo e a ler moito! Parabéns polo voso gran éxito!
Esperamos volver escoitarvos pronto cunha nova historia!
2 Decembro
Laura, Aroa e Mariña contáronnos "Hansel e Gretel"
domingo, 1 de diciembre de 2024
29 Novembro
O Club de Lectura de Adultos e "La mala costumbre" de
Alana S. Porteiro
Este venres, os membros do Club de Lectura de Adultos da profesora María, celebrou a posta en común do mar de ideas, opinións, reflexións e sentimentos aos que lles levou a lectura desta dura e conmovedora historia de AlanaUnha emocionante, divertida e frutífera sesión máis do Club, que xa ten data e obra para a súa próxima sesión!
A obra elexida: "El misterioso caso del impostor del Titanic", de Carmen Posadas.
Unha apaixonante obra de intriga que enlaza feitos, lugares e personaxes reais moi notorios para envolvernos na súa trama e non soltarnos ata a última liña: o desafortunado cruceiro Titanic, a escritora Dna. Emilia Pardo Bazán e o Madrid de principios de Século! Toda unha aventura que non nos podemos perder! Animamos a toda a nosa comunidade educativa a unirse ao Club para gozar desta suxestiva aventura! Non volo perdades:
Esperámosvos a tod@s!!
29 Novembro
Regresou o "Conta Contos de Familias", con "Cocorico"
Este venres, Beatriz, mamá de Nora (2ºA) e Dani (5ºA), regalounos a primeira sesión
de Conta Contos de Familia.
Para estrear esta nova etapa, elixiu a obra de María Luísa Núñez Álvarez: "Cocorico".Unha divertida historia na que o seu pequeno protagonista fainos recordar o importante que é a obediencia, o saber compartir e recordar cumplir sempre as promesas feitas.
Ao finalizar o relato, os asistentes puideron
divertirse e dar ás á súa imaxinación cunha creativa actividade. Parabéns polo éxito desta nova estrea e moitísimas grazas pola vosa colaboración! Moitas grazas tamén a todos os asistentes! Vémonos todos na próxima!
sábado, 30 de noviembre de 2024
28 Novembro
"Los fantasmas no llaman a la puerta!"
Max Alonso e Mauro López, regaláronnos hoxe unha divertida historia de pantasmas. Aínda que sen pantasmas! Pois "Los fantasmas no llaman a la puerta", de Eulalàlia Canle e Rocío Bonilla, non é unha historia de medo senón que nos fala dos celos que poden xurdir cando temos un amigo moi especial e non queremos compartilo con ninguén máis. As historias que a marmota invéntase para evitar compartir a amizade do seu gran amigo Oso, con Pato, lévanlle a comprobar que compartir con moitos nosa amizade é moitísimo máis divertido!Mellor dous amigos que un, mellor tres que dous, mellor... moitos!!
Moitas gracias Max e Mauro por esta didáctica historia!
Esperámosvos de novo!
25 Novembro
25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A ONU estableceu en 1999 que o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres celebrásese cada 25 de novembro en recordo ás irmás Mirabal, que foron brutalmente asasinadas por ser mulleres e activistas.Para explicar, consultar e ilustrar estes feitos, colocáronse no expositor da Biblioteca múltiples lecturas adaptadas a todas as idades, para titores e alumnado.
27 Novembro
"Orellas de Volvoreta"
Esta é a obra de Louisa Aguilar que elixiron Laura e Enmapara a súa sesión de contacontos.
Unha tenra historia que nos fai ver como saír á rúa, ir ao colexio...cousas cotiás que para calquera neno poden ser motivo de alegría, convértense nun sufrimento cotián cando, como Mara, non es tan alto, fermoso, habilidoso, forte... como os demais que che rodean.
Resulta difícil soportar o ser obxecto das mesmas burlas diariamente.
É necesario ter un poder especial para superalo: o poder que che dá o saber que ti non es diferente, senón único e especial e que por iso debes estar orgulloso e non debes deixar nunca de ser ti mesmo. O poder que che dá o saber que o que necesita burlarse de alguén para ser feliz, non mostra superioridade como el cre, senón só mostra as súas carencias. E por tanto debemos sentir mágoa por él.
Moitas gracias Laura e Enma por esta didáctica elección.
Contamos con vós para a seguinte!
26 Novembro
Todos ao día co KOHA!
A automatización dunha biblioteca, a súa orde e en consecuencia a súa eficiencia van unidos da man.
Pero a súa automatización será inútil se os seus usuarios descoñecen o modo de xestionala. É por iso que, a profesora María fíxonos un breve repaso de todo o que o sistema require e dalgunhas normas esenciais para poñernos ao día e lograr converter este importante espazo nun lugar efectivo de procura, consulta e goce de todos os seus fondos.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e á profe María por dedicarnos este tempo extra para poñernos ao día.
Por unha Biblioteca mellor!
martes, 26 de noviembre de 2024
25 Novembro
Xa volveu a actividade!
Tras a súa apertura, a Biblioteca volveu a retomar a súa frenéticaactividade semanal!
- Aquí podedes ver un brevísimo resumo do ocorrido estas primeiras semanas:
- https://view.genially.com/6745139e3be42753e819b2d3/presentation-retomamos-a-actividade
jueves, 21 de noviembre de 2024
30 Outubro
Chegou Outubro! Abriu a Biblioteca!
Tras unhas longas semanas de preparativos, a espera chegou ao seu fin e os ávidos lectores
puideron mergullarse finalmennte nas ansiadas aventuras escondidas nas súas lecturas preferidas.
Foron semanas de moito traballo pero lográmolo.
Leolo quere darvos as grazas a todos os que colaborastes coa vosa paciencia na última semana. E, en especial, aos auxiliares que decidistes poñer un pouquiño do voso tempo ao servizo dos vosos compañeiros para conseguir que este siga sendo un agradable recuncho de lectura e encontro para todos.https://view.genially.com/673e5c81c2f2bf4acd2af75a/presentation-chegou-outubro-abriu-a-biblioteca
viernes, 18 de octubre de 2024
15 Outubro
Descubrindo a Ría de Vigo
![]() |
La directora, María, forma al grupo B de los Auxiliares |
A nosa Biblioteca, dá xa os últimos pasos para o gran día no que abra as súas portas e os ávidos lectores poidan gozar coas lecturas de sempre e tamén coas novidades deste novo curso.
Os Auxiliares, axuda tan importante para o seu funcionamento, completaron xa a súa formación. Este martes, a directora da Biblioteca, a profesora María, preparou xa ao último grupo (Grupo B) para realizar a súa importante misión dun modo eficaz. E, mentres no interior todo móvese aprisa con vistas ao gran día, no exterior, Leolo segue convidándonos a descubrir os aspectos máis descoñecidos e a biodiversidade máis impactante da nosa Ría de Vigo. Todo un universo digno de ser protagonista da imaxinación de Julio Verne, ou ser motivo de nostalxia, na poesía de Martín Códax. Ánimo!
Xa falta menos!
Vémonos xa a próxima semana!!