Xadrez para os máis pequenos na Biblioteca
O luns foi un gran día para os alumnos e alumnas de 5 anos da profe Sara.Convertidos en pezas de xadrez, deron os seus primeiros pasos na iniciación deste interesante e enriquecedor xogo milenario saltando polo taboleiro ás ordes dos seus reis.
E aínda que ambos os bandos lograron comerse algúns rivais, foi unha batalla pacífica na que, como protagonistas, aprenderon dun modo máis claro e divertido os movementos das pezas máis básicas do taboleiro. Foi unha sesión moi breve pero gozárona ao máximo.
Vémonos o vindeiro luns campións!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario